Galicia-Hoxe
Luns 28 de marzo de 2005
Fracasan no intento de atopar a arca no monte Ararat, que comparten
Armenia e Turquía
FOTO:GH
Representación da Arca de Noé, perseguida pola expedición rusa de
Chernobrov que só puido confirmar restos de alacrán no Ararat
E.P.
A expedición rusa encabezada polo profesor Vadim Chernobrov fracasou
no seu intento de encontrar a mítica arca de Noé no monte Ararat, que
comparten Armenia e Turquía. “Todo o que vimos testemuña que non hai
arca de Noé na ladeira occidental do Ararat. Tras a erupción
volcánica de 1840 ningún barco se puido salvar”, declarou Chernobrov,
xefe da expedición, á axencia Interfax. A expedición, organizada polo
Centro de Investigación Científica Social Kosmopoisk e unha cadea de
televisión, unicamente achou “formacións naturais” no volcán de 5.435
metros de altitude. “Ningún dos obxectos achados pertencen á arca.
Son formacións naturais e anomalías xeolóxicas resultado da
actividade volcánica”, sinalou. Ademais, agregou, “encontramos restos
de alcatrán que, segundo a lenda, proviña da arca”. Os
expedicionarios, que partiron de Moscova o pasado 17 de xullo,
atacaron a montaña polo seu flanco occidental (Turquía), a mesma ruta
escollida polo tenente Roskovitski en 1916 por orde do tsar Nicolás
II. “Escollemos a ladeira oeste, a pesar de que está cuberta de lava,
porque na norte hai equipos militares turcos, e a sur e leste están
abertas para alpinistas e turistas”, sinalou Chernobrov. Non
obstante, os expertos rusos non desistirán, xa que no mosteiro
armenio de Echmiadzin se conserva un anaco dunha árbore fosilizada
cunha cruz incrustada, fragmento que, segundo eles, podería pertencer
ó revestimento da arca. A Biblia e o Corán falan de que a arca de Noé
quedou varada cinco mil anos a. C..
–Boundary_(ID_cl34cy5PhCRL76Cxxjp9tA)–